18/02/10


É o novo DNI un pastor eléctrico?

2
Canto custa a súa implantación? Canto custan os lectores de tarxetas intelixentes que nos regalan ao facelo? De quen é a empresa que os fabrica?
Por que temos que pagar máis de 10€ por algo que é obrigatorio?

Alguén conseguiu facelo funcionar? Alguén decifrou todo este galimatías só apto para informáticos? A alguén lle explicaron realmente todo o que implica ou, simplemente, lle entregaron de man dunha nena mona (que seguro que nen era funcionaria) o lector e a clave?
Levo unha semana agardadando a que os do Servizo de Atención ao Usuario se dignen en responderme: polo visto en Firefox funciona aínda peor do que no iExplorer... Conclusión: bloqueóuseme o PIN antes de conseguir tramitar nada!

E a seguridade?:
- a Comisión de Libertades e Informática di que se nos impón
"sin ningún tipo de debate político ni social. Esta herramienta necesita de una Ley orgánica específica, puesto que afecta a derechos fundamentales"
- os da Asociación de Internautas afirman que non é suficientemente seguro e que, se finalmente se introducen no chip os datos da Tarxeta Sanitaria,
"cuestionamos la posibilidad de que se pueda entrar en bases de datos donde se encuentra información confidencial de cada individuo. Son datos biométricos, muy sensibles, porque pueden afectar a los derechos fundamentales de los ciudadanos"
- os de Hispalinux cren que:
"mal utilizada esta tecnología, puede atentar seriamente contra la intimidad de los ciudadanos. Por ejemplo, colocando detectores en la entrada de comercios o instalaciones, se pueden controlar hábitos y costumbres".
Para cando chips baixo a pel para tod@s? Mimá!

2 comentários:

A xustiza pola man disse...

Nen@s: en realidade quería facer algo "simpático" pero non me saíu... É para irmos rompendo o xeo... E se non vos gusta o borro ;)

New Blogger Templates disse...

Hey A xustiza.. thank's for ur comment and visit to my site :) iam eka.. you can make changes that you like in these templates to make it better for your site .. I am very glad you use my templates for your blog .. please you learn coding html and change images suitable your needs .. if there is a problem with these templates please contact me back:) thank you very much and hopefully we can become good friends :) sorry my english language not Good :)

Enviar um comentário

Que opinas? Pasouche algo parecido?