06/03/10


Unísono estafa parados

1
Nos últimos días, a empresa Unísono (Vigo, España) estivo estafando a decenas de traballadores desempregados.

A través da axencia de colocación Infojobs.net, Unísono publica anuncios reclutando persoal para traballar como teleoperadores de atención ao cliente (recepción de chamadas) durante as fins de semana.

Somos convocados a unha entrevista-proba de selección. Aceptamos comezar o período de formación ao día seguinte e, superada a proba, telefonéannos para informarnos do lugar e horario da mesma.
Durante 9 días asistimos a un curso dunha duración de 7h. diarias, desde as 13 até as 20h., de luns a venres. Para poder comparecer, os asistentes (traballadores desempregados) debemos reorganizar as nosas vidas: renunciar a outros traballos temporais, conseguir coidadores que atendan aos nosos fillos, pagarnos o desprazamento até o centro de formación, costearnos a comida fóra dos nosos domicilios, etc.

O último día do curso supostamente debiamos realizar un exame que determinaría a nosa idoneidade para comezar a traballar ao día seguinte.
Cal foi a nosa sorpresa ao encontrarnos na aula de formación cun representante de Unísono (¿Gaby?) que nos informa do seguinte:
"Siento deciros que vuestros puestos de trabajo no existen, ni existirán."
Este señor escúsase argumentado que Orange, o cliente ao que Unísono ía prover de teleoperadores de fin de semana, decidiu prescindir dese servizo esa mesma mañá. Pero nós non iamos ser traballadores de Orange, o noso compromiso contractual era con Unísono.
Intenta aplacar o noso enfado dicíndonos que seremos chamados para cubrir as baixas dos trabajadores en activo en Unísono: 20 baixas todas xuntas?, cando?, alguén cre xa algo do que poida prometer esta empresa?

Quen nos devolve o tempo e o diñeiro (gastos) investidos nesta formación?
Supostamente a formación seríanos remunerada unha vez pasado o exame e o mes de proba; é dicir, deberíamos cobrar na nosa 2ª nómina un total de 158,13€.
Ese último día de curso nin se recolleron as nosas sinaturas para certificar a asistencia, nin se nos permitiu realizar, no lugar e hora marcados, o exame de acceso: pretendían despoxarnos así do noso dereito a percibir eses cartos no futuro?

Está Unísono cobrando dalgunha entidade (pública ou privada) por formar a traballadores desempregados? É dicir, está estafando a alguén máis ou hai alguén que está en connivencia con Unísono?
Polo que podemos ler aquí parece que así é: http://www.trabajobasura.info/directorio/unisono_soluciones_crm.html (comentarios nº 7 e 8).

Quen consinte, por acción ou omisión, que se xogue así coa dignidade dos traballadores desempregados?

1 comentário:

A xustiza pola man disse...

O caso foi denunciado ante a Inspecçom de Trabalho e da Seguridade Social.
Depois de 5 meses obtivo-se a seguinte resposta: "a denúncia é desestimada ao nom existir entre os denunciantes e a empresa ningumha relaçom contractual".
Pois claro que nom existia contrato! Disso de trata!
Enfim... próximo passo: o Julgado do Social.

Enviar um comentário

Que opinas? Pasouche algo parecido?