02/07/10


Novo exame práctico de conducir

2
A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) está a implantar, de forma progresiva en todo o estado e desde comezos de ano, un novo exame práctico de conducir.
A novidade consiste en que os 10 primeiros minutos do exame son de condución autónoma, recibindo o examinando do examinador só o nome do lugar de destino e debendo, para iso, coñecer as rúas da poboación na que se realiza a proba.

Non credes que isto pode ser discriminatorio segundo cal sexa a procedencia xeográfica do examinando? Que pasa cos cidadáns desprazados a outras localidades temporalmente por mobilidade laboral? Que pasa cos inmigrantes recentemente chegados?
Seica o examinando está optando a unha praza de taxista?
Por que non aparece información respecto diso na páxina web da Dirección Xeral de Tráfico?
Por que se discrimina positivamente a examinandos doutras zonas do estado ao non terse implantado aínda na súa área esta novidade?
E, xa postos, a que se deben as enormes diferenzas de prezo en matrículas e, sobre todo, en clases prácticas nas diferentes autoescolas do estado? Por que é máis caro sacarse o carné en Santiago de Compostela que na Coruña, por pór un exemplo dentro da mesma provincia e autonomía? Non debería estar isto máis regulado? (á baixa, por suposto: así lograrían condutores aínda máis dispostos a mellorar realizando máis prácticas sen ter que deixar para comer a cambio).

Desde aquí podedes formular as vosas queixas:
http://www.mir.es/SGACAVT/pciudad/dparticipacion/quejasysugerencias.html

2 comentários:

Pepa de Metria disse...

Para coñecer ben a cidade hai que facer máis prácticas. Iso nas autoescolas sae rentable e para tráfico, renovar as tasas de exame, tamén.

A xustiza pola man disse...

E pagamos os de sempre ;)

Enviar um comentário

Que opinas? Pasouche algo parecido?